Vistas de página en total

miércoles, 25 de abril de 2012

POR DISTINTOS CAMIÑOS ...

O Concello de Ames en colaboración co Club de Atletismo Milla Raio e a beneficio das Cáritas parroquiais do Milladoiro e Bertamiráns organizan a I Andaina Solidaria por Ames que se desenvolverá o vindeiro domingo 29 de abril. Esta andaina comezará ás 10:00 horas e realizarase pola senda verde, pero terá dous puntos de partida, Bertamiráns e O Milladoiro. Os participantes camiñarán ata un punto de encontro que será o campo da festa de Bugallido. Posteriormente, os camiñantes volverán cara ao punto de partida. Os participantes que saian dende O Milladoiro andarán unha distancia de 14 quilómetros, mentres que as persoas que partan dende a Praza do Concello, en Bertamiráns, percorrerán 12 quilómetros. As persoas que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse chamando ao número de teléfono 981 884 991 ou enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.org. O prazo de inscrición remata o vindeiro 27 de abril ás 14:00 horas. A participación na andaina requirirá o pagamento dun donativo de tres euros co obxectivo de recadar fondos para Cáritas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario